https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

viernes, 22 de abril de 2016

De cando en vez

De cando en vez
Penso no chisqueiro
que escondeu tantos acontecementos.
Como cando dixen que estabamos xuntos
reclamando a morte
pola saturación de tal felicidade.

Sentíame can sen dono ao teu lado.
Flor medrando en auga.
Cutílula caendo,
pero eso era amor
e esta é a dor que inda lembro.

De cando en vez
penso en cando seguiamos xuntos
por medo.

Podes chegar a ser adicto a certa clase de tristeza
Como cando nos demos conta
que non tiñamos sentido
sen poder ser amigos.

Fagamos como se nada tivese ocorrido.
Ti polo centro,
e eu pola beira do camino.

Agora, sei que eras alguén
que só me fixo crer e coñecer
o turbio do paralelo,
o impotente do vertical ao ceo.

Admito,
que me alegrei cando rematou.

E sendo nada,
non era preciso caer tan baixo,
e resulta duro vivilo
nin sequera preciso lembralo.


Agora sei, que só es alguén

a quen solía crer e coñecer.


sábado, 9 de abril de 2016

Onte saín,
mais hoxe chego.
Onte cobrei,
mais hoxe pago.
Onte pensei
mais hoxe fago.
Onte vinte
mais hoxe mírote.
Onte calei,
mais hoxe digo.

Hoxe direivos que todo ten máis sentido
cando da man dereita a agulla se crava no peito
cando a dor dos incestos non pesa
ahí,
no profundo do sinsentido
está o que cada quen sorprende nos soños
o que vivindo se escapa ao ouvido
que se non escoita
non opina co esmero dos peixes que ondean flores

Se baixamos máis,
afogamos entre cunchas semipermeables.

Se subimos,
o único malo que pode que pase
é que respiremos aire mollado,
sen cunchas,
sen flores,
só aire.




Antes de que nos coman eles

Enterrando crueis talentosos infartos mentais
de señoritas sen formación
cacareaba unha galiña
que por temeraria,
puxo dous ovos xuntos
sen plantearse se eran xemelgos
ou mellizos.
Voltando ao enterro,
tamén desbotamos aos iñorantes
sabiondos de xeralidades obtusas
vítimas de modas ata nas lentes
obesos de lendas urbanas e mitos infelices
con sorrisos podres de perfección insá
e enterrámolos.

Amansamos a terra coas bágoas.
Lamentable pérdida.

E alí,
na escea do crime,
bebimos e comimos
antes de que nos comeran eles.

A nena,
esa que saltaba cadrados na terra,
non chorou,
non xemíu,
non preguntou que pasaba.

A nena,
esa que saltaba os cadrados na terra,
estaba xogando,
só estaba xogando a estar viva.

No enterro,
había xente,
na xente,
había medo,
o medo foméntao un sistema,
un sistema do que formamos parte,
uns,
e outros.


Mentres esa nena xogue,
nos comeremos e beberemos,
antes de que nos coman eles.




miércoles, 30 de marzo de 2016

Non sei se saben

Non sei se saben,
mais hai un lugar no que a vertente máis próxima da tristeza
é ineficaz contra a autosuficiencia.
Non sei se alí
a dúbida irrita ao día
ou se o insomnio merma paciencias
desplegando, polos brazos,
o desexo,
e cando a gravidade actúa
atrápao, cos puños en firme.
Non sei se alí os rostros son animados
nin se a xente se masturba moito.
Igual choran pola boca e berran polos ollos,
tocándose con silencios impropios.
Tal vez as carreiras sexan ilegais
ou traballen para vivir
e vivan para saciarse a sí mesmos.

Non sei se alí existimos,
e inda que o soubera,
non saberíamos falar.


martes, 15 de marzo de 2016

TODA UNHA VIDA

Somos as fillas das putas
das vellas presas
das ninfómanas
das mortas por un país,
por un ideal
por unha cultura
por un amor.
Somos as netas das iñorantes
das librepensadoras
das inseguras
das galegas fortes
e das maltratadas pola igrexa.

Somos as nais dunha terra en pena
dun mar desconxelado en verso,
dun aire impregnado en delirios
e dun planeta cuberto de merda.

Somos máis que un xénero
máis que un estigma
máis que un prototipo.
E queremos ser libres,
sen medo a selo,

toda unha vida.


lunes, 14 de marzo de 2016

Esa voz que axitaba a miña calma
e subía como a pasión do lume
desconxelándome os meñiques,

Esa cara
Eses dentes amarelos preciosos
Ese ventre plano e blandiño,
Eses pelos descolocados e incomprendidos,
Esas uñas mordidas e desorientadas,
Ese xeito de alegría inédita,
Ese xeito tan nulo de ser optimista coa vida,

Esa suor fría caendo constante
pola espalda firme
pola cara rota
pola pel demacrada

pola cocaína.

Esa suor,
nunca me gustou.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...