https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

sábado, 30 de abril de 2016

Aminorei enxambres
por mor dun segredo incuberto
infame a beleza do neno
que berrou co tromento nacido,
como anxo caído do ceo.

E de que vale a intelixencia
o ser artista
o ser alguén
se a felicidade é tan simple
coma o desexo máis profundo do ventre?

Ela existe nos seres claros
simples
comprensivos
a pesar dos versos e de todo o demais.

Eu preciso toda a vida,
a túa e a miña vida,
todos os pensamentos,
teus e meus,
vivir e que vivas a miña vida por dentro.
Adiviñarnos.
Por eso tal frivolidade e crueldade
ocasiona
tanta dor neste lóbulo dereito e frontolateral.

Se non gosto,
son como unha estatua no tempo,
non sinto
xa pola costume de tentar non facelo.

E para contalo,
a miña liberdade
escóndese tras esta música,
e o corazón tamén pinta os beizos
ao ritmo co que se move o sangue
co que ao ver o mundo me lamento.

jueves, 28 de abril de 2016

Despediuse

Atrapou o marco
Puxo o xersei de raias
Gardou os beizos
Recolocou estantes
Tomou tres cañas
Fumou malboro en formato caixa
Cuspiu ao ceo
e mollouse
Desfíxose da marca no peito
Quitou lunares da ingle
Lavou os dentes dúas veces,
para quitar o inútil cheiro a alcol 
que formara telarañas nos ocos dentais
Fixo tatuaxes
Tentou sanarse
Inxectou veleno no sangue dos ollos
Puxo a lavadora
Esperouna fumando
Esperouno
Esperounos
Despediuse
Tendeu a roupa
Tendeu os brazos
Tendeu o corpo
Tendeu a vida
que se foi
co tránsito constante do veleno
gardou os ollos,
gardou a cara
gardou os beizos.
Morreu con gañas
E en silencio.


viernes, 22 de abril de 2016

De cando en vez

De cando en vez
Penso no chisqueiro
que escondeu tantos acontecementos.
Como cando dixen que estabamos xuntos
reclamando a morte
pola saturación de tal felicidade.

Sentíame can sen dono ao teu lado.
Flor medrando en auga.
Cutílula caendo,
pero eso era amor
e esta é a dor que inda lembro.

De cando en vez
penso en cando seguiamos xuntos
por medo.

Podes chegar a ser adicto a certa clase de tristeza
Como cando nos demos conta
que non tiñamos sentido
sen poder ser amigos.

Fagamos como se nada tivese ocorrido.
Ti polo centro,
e eu pola beira do camino.

Agora, sei que eras alguén
que só me fixo crer e coñecer
o turbio do paralelo,
o impotente do vertical ao ceo.

Admito,
que me alegrei cando rematou.

E sendo nada,
non era preciso caer tan baixo,
e resulta duro vivilo
nin sequera preciso lembralo.


Agora sei, que só es alguén

a quen solía crer e coñecer.


sábado, 9 de abril de 2016

Onte saín,
mais hoxe chego.
Onte cobrei,
mais hoxe pago.
Onte pensei
mais hoxe fago.
Onte vinte
mais hoxe mírote.
Onte calei,
mais hoxe digo.

Hoxe direivos que todo ten máis sentido
cando da man dereita a agulla se crava no peito
cando a dor dos incestos non pesa
ahí,
no profundo do sinsentido
está o que cada quen sorprende nos soños
o que vivindo se escapa ao ouvido
que se non escoita
non opina co esmero dos peixes que ondean flores

Se baixamos máis,
afogamos entre cunchas semipermeables.

Se subimos,
o único malo que pode que pase
é que respiremos aire mollado,
sen cunchas,
sen flores,
só aire.




Antes de que nos coman eles

Enterrando crueis talentosos infartos mentais
de señoritas sen formación
cacareaba unha galiña
que por temeraria,
puxo dous ovos xuntos
sen plantearse se eran xemelgos
ou mellizos.
Voltando ao enterro,
tamén desbotamos aos iñorantes
sabiondos de xeralidades obtusas
vítimas de modas ata nas lentes
obesos de lendas urbanas e mitos infelices
con sorrisos podres de perfección insá
e enterrámolos.

Amansamos a terra coas bágoas.
Lamentable pérdida.

E alí,
na escea do crime,
bebimos e comimos
antes de que nos comeran eles.

A nena,
esa que saltaba cadrados na terra,
non chorou,
non xemíu,
non preguntou que pasaba.

A nena,
esa que saltaba os cadrados na terra,
estaba xogando,
só estaba xogando a estar viva.

No enterro,
había xente,
na xente,
había medo,
o medo foméntao un sistema,
un sistema do que formamos parte,
uns,
e outros.


Mentres esa nena xogue,
nos comeremos e beberemos,
antes de que nos coman eles.




miércoles, 30 de marzo de 2016

Non sei se saben

Non sei se saben,
mais hai un lugar no que a vertente máis próxima da tristeza
é ineficaz contra a autosuficiencia.
Non sei se alí
a dúbida irrita ao día
ou se o insomnio merma paciencias
desplegando, polos brazos,
o desexo,
e cando a gravidade actúa
atrápao, cos puños en firme.
Non sei se alí os rostros son animados
nin se a xente se masturba moito.
Igual choran pola boca e berran polos ollos,
tocándose con silencios impropios.
Tal vez as carreiras sexan ilegais
ou traballen para vivir
e vivan para saciarse a sí mesmos.

Non sei se alí existimos,
e inda que o soubera,
non saberíamos falar.


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...