https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

martes, 21 de abril de 2015

LVIII


A diario permítome unha mera reflexión sobre todo o que fai mudar de expresión ás persoas do entorno cotián no que nos movemos.
Sen ir máis lonxe,
Cedendo un catro por cento do noso xenio,
Falamos de xeito coherente,
Falamos bastante,
Incluso de máis.
Debatimos os aspectos máis xerais, opinando sempre baixo o punto de vista que máis preto está da ideoloxía que defendemos coma nosa.
Tamén criticamos,
É normal,
ou candomenos aparentemente normal para pasar desapercibido.
Cremos en políticos corruptos e nunha sociedade nefasta.
Vixiamos que, mes a mes, non nos baixen o salario nin nos suban as facturas.
Tamén coherente.
Refírome ao proletariado, eso sempre.
Negociamos coa mesa redonda cando non estamos ben,
cando deixamos de rir cos chistes malos,
cando nos acusan de mala xente,
ou simplemente,
cando nos fartamos.
Sen afastarnos da nosa ocupación,
mentimos.
Mentimos sempre.
Con lúa, con sol, con chuvia ou con neve.
Pero eque tamen nos minten.
Mentimos cando ao erguernos sorrimos e realmente non estamos contentos.
Persoalmente, detesto o meu “non” traballo.
Son das que defende que vivir a día de hoxe máis que unha opción, é unha imposición dos que mandan,
que por algunha razón,
Pois non me caen ben.
Nin a min, nin ao resto,
E é algo lamentable.
Por ser, é ata triste.
E se nos ponhemos esixentes,
pois falamos de utopía.
De utopía melancólica e indecente.
Que si non fora polos sonhos que a miúdo sonhamos,
Xa fai tempo que nin existirían os humanos que por raza nos venderon como tal.

Un peixe non pensa nin en luxos nin en paro,
Eu sí,
E ti.
Sen embargo eu penso en comer un peixe,
E el non pensa en comerme a min.
Que raro.
Que inútil.
Ata soéz a comparación,
mais tampouco descabellada.

Reclamo un dereito.
A cambio, troco un privilexio.
Douvos a minha historia a cambio de que me cedades o arte de vivir sen pensar en ningún tipo de utopia.
Porque realmente,
porque ineficazmente,
porque cruelmente,
Son conformista cos sonhos.
Só sonho utopias sen sentido algún.
Quizáis se o fixese con sentido,
Morrería.
E non quero morrer, de feito poucos queren.
E como din os faltos de olfato en crimes da television estranxeira,
Non tenho nin idea de quen é o culpabel,
E inda que a tivera,

Sen probas do delito de que me vale?.

LV

Chámame nena con ollos abertos de veas e alcol,
con ollos abertos de pasado e novas xa non tan recentes
que voltan para morderme.
Agora que xa non son pequena
e levo nos brazos un mundo.
Ese mundo quedou fora do que agora se derruba,
aínda que me pintes o cuarto de vida,
porque é triste…
Por máis que me chames nena,

Todo o que ti desexas só está xa na túa cabeza.

VI

Somos veleno que fica nos dentes,
Somos marea que deserta nos beixos,
Temos un crebacabezas nos ollos que non nos deixa ver o desexo da vida,
Aparentamos o que un entende por ser feliz nun laberinto de descontentas.
Somos a flor da peor salada de ondas destrutivas,
Somos o que nunca esperamos ser.

Temos lume na mente, furado o peito e cravos nos pés.

IX

Patrañas, mentiras, incendios,
cataratas de dúbidas,
de medos, de idealizacións,
de contradicións cunha mesma,
enfatizacións doutra vida que che pintan con estrelas douradas e non é máis que utopía emerxente,
alouminhos trastes,
sinfonías de melancolías ancladas en desperfectas almas perdidas,
Esperpénticos paseos na alameda,
Atroces beixos insáns e choromiqueiros,
Sopas amargas, sopas agónicas, sopas tan fugaces coma pesadas,
Couces de eguas criadas por psicópatas en celo,
Medos de criaturas sen sentido común,
Son todo perdas de tempo
Son todo sangue seca
Sangue que corre polo mar da desesperación, desembocando nun río,
nun río pequecho e escondido entre platas preciosas,
plantas adictas á nicotina,
plantas da risa, sembradas en polvos máxicos,
Nun río que as malas linguas e as boas caras apodaron xa fai séculos
Ansiedade.
A carón do río sempre houbo vida,
A carón do río a vida vagaba sen rumbo cara lembranzas de dores menos intensas, de vidas máis fortes, doutros tempos, 

Cando os sorisos de canela eran realmente o verdadeiro chío do paxaro disecado en caramelo de café que tinha o control da sociedade dos inda vivos, ou do que queda deles.

Brava muller

Se hoxe non camiñas cara a tristeza de seguir avante
Quen esperas que recolla o lastre?
Quen pretendes que volva a traizoar o que che quedou de ilusión incerta?
Brava, mulher digna de ser tal.
Atende a dúbida de ser cobarde, atende o medo ao inesperado do sufrimento, sé digna dunha loita tan activa coma túa
Deixa a pena do maldito nunha sociedade dada por un mal século tocado
Resbala ante o triunfo do mal parado
Queima a vida máis do que xa a queimaron.
Agocha o doce, agocha o sexo que torturan por ser pracenteiro e ilegal, agóchao mentras berras como o fas.
Renega da paixón do cutre, sinte o ouvido da loba que guiou camiños ante notarios,
Mexa por onde outros soltaron flores
Ri do que nunca che deron roubado.
E oxalá cando tremas de frío e che deixen a roupa mollada,
Vivas tanto como eu din vivido, queiras tanto como quixeron os que naufragaron.
Minha peza de pan tan reseso coma estridente, amedrenta os malos retonhos
Dunha leria que xa aprendeste
Cando o rezo era obligatorio.
Vela polo desamparado e non chores polo vergonhento, que sen mozas que teñan loitado,
Seguirá sempre habendo lamento.
Eu perdín o que menos quería
Eu sentín o lum nas veas de seda que me tecera a bruxa do barco
Un navío sen redes, sen meta,
Un navio desamparado.
Oxalá que nos vaia de medo, e que o medo acabe coa vida.
Que se a vida fose regalada, a ver quen era o valente que a vendería.
Unha man sen coitelo non come,
Un paspán sen mulher non caminha
Unha nena sen pai non se droga
Unha vida sen fin non caminha.
O regreso da luz non existe.
Os berros da raiba xa pasaron de moda
A xente xa non sabe caprichos
Os caprichos son tempo de escoria.
Ouveaba a chicha do vento, ouveaba a canción da estepa,
Recurrín varias veces o xuízo.

E perdín para sempre a sentenza.

Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...