https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

miércoles, 25 de mayo de 2016

Ráfagas

Nunca o souben facer ben
Se cacareaba,
era asimétrico.
Quitando a roupa,
sempre me colgaban as asas das camisas de tiras.
Cando me berraban por sentirme cómoda,
asentía de xeito non verbal,
non sabía nin esculpir metáforas.
Nas serpes do (non) paraíso,
había concubinas maltratadas,
e tampouco souben velo.
Coñecendo a seres,
ao fin e ao cabo,
deixei as agallas de investir en subidóns de ego
por mera autocrítica interna
tan merecedora de chupetóns
coma os malos amantes
os novos amantes,
os simples amantes.
Que pena,
non me tolero triste,
non sei como soportarme na tristeza sen acougo;
e tampouco sei amar
como aman os talentosos nos burdeis
como aman as pombas aos serviles anciáns
como sinten as feridas de morte.
Nunca souben querer correcto,
nunca souben acomodarme en normalidade,
pero a vida,
penso,
que me trata con amor.
Nun falso treito iluminado
con xardíns botánicos de intenpestuosas ráfagas.
Unha ráfaga é de aire de melocotón,
outra de medo carrasposo de piollos,
a terceira non existe na lúa,
entón apenas a coñezo nin descoñezo,
A cuarta simplemente respira cores líquidas,

e eso,
tampouco souben velo.


miércoles, 18 de mayo de 2016

O pasado é pecado
É honorable o xeito de lembralo
Porque se foi
Será desestructurado
e asimilalo,
é gañalo.
Co teu meneo de despedida,
tornou desgracia a miña condena
de nena sen arraigo.
Que duro sempre 
falalo,
tortura de non selo,
criticalo,
plasmalo.
Por temor,
por dor.
Sexa como sinta 
a tinta,
que peque.
Nunca será doado.
É preciso mentirte
mentirnos.
Veño de alá
de un mundo.


jueves, 5 de mayo de 2016

O bico máis doce

Mentres o corazón da raíña,
que está cheo de rumores roubados na noite
é de pedra,
cobra por lágrima 
que molla a súa meixela.
Mais só querendo rir,
polo medo a marchar.
O bico máis doce que lle deron
é o que nunca chegou a probar.

O resto autoxestionamos emocións
no botellón,
no colocón,
no dramón,
no sí,
no non,
e no medo a chorar sen ser con nós.
Polo medo ao que pode deixar de pasar,
ao concluínte do verbal.

O bico máis doce que nos deron
é o que nunca chegamos a probar.

Na individualidade,
a cotío me informo na rede,
co natural e artificial do asunto.
É innecesaria a extrapolación,
a autocompasión,
a conclusión con métrica bonita,
xa que,


o bico máis doce que me deron
é o que nunca cheguei a probar.







sábado, 30 de abril de 2016

Aminorei enxambres
por mor dun segredo incuberto
infame a beleza do neno
que berrou co tromento nacido,
como anxo caído do ceo.

E de que vale a intelixencia
o ser artista
o ser alguén
se a felicidade é tan simple
coma o desexo máis profundo do ventre?

Ela existe nos seres claros
simples
comprensivos
a pesar dos versos e de todo o demais.

Eu preciso toda a vida,
a túa e a miña vida,
todos os pensamentos,
teus e meus,
vivir e que vivas a miña vida por dentro.
Adiviñarnos.
Por eso tal frivolidade e crueldade
ocasiona
tanta dor neste lóbulo dereito e frontolateral.

Se non gosto,
son como unha estatua no tempo,
non sinto
xa pola costume de tentar non facelo.

E para contalo,
a miña liberdade
escóndese tras esta música,
e o corazón tamén pinta os beizos
ao ritmo co que se move o sangue
co que ao ver o mundo me lamento.

jueves, 28 de abril de 2016

Despediuse

Atrapou o marco
Puxo o xersei de raias
Gardou os beizos
Recolocou estantes
Tomou tres cañas
Fumou malboro en formato caixa
Cuspiu ao ceo
e mollouse
Desfíxose da marca no peito
Quitou lunares da ingle
Lavou os dentes dúas veces,
para quitar o inútil cheiro a alcol 
que formara telarañas nos ocos dentais
Fixo tatuaxes
Tentou sanarse
Inxectou veleno no sangue dos ollos
Puxo a lavadora
Esperouna fumando
Esperouno
Esperounos
Despediuse
Tendeu a roupa
Tendeu os brazos
Tendeu o corpo
Tendeu a vida
que se foi
co tránsito constante do veleno
gardou os ollos,
gardou a cara
gardou os beizos.
Morreu con gañas
E en silencio.


viernes, 22 de abril de 2016

De cando en vez

De cando en vez
Penso no chisqueiro
que escondeu tantos acontecementos.
Como cando dixen que estabamos xuntos
reclamando a morte
pola saturación de tal felicidade.

Sentíame can sen dono ao teu lado.
Flor medrando en auga.
Cutílula caendo,
pero eso era amor
e esta é a dor que inda lembro.

De cando en vez
penso en cando seguiamos xuntos
por medo.

Podes chegar a ser adicto a certa clase de tristeza
Como cando nos demos conta
que non tiñamos sentido
sen poder ser amigos.

Fagamos como se nada tivese ocorrido.
Ti polo centro,
e eu pola beira do camino.

Agora, sei que eras alguén
que só me fixo crer e coñecer
o turbio do paralelo,
o impotente do vertical ao ceo.

Admito,
que me alegrei cando rematou.

E sendo nada,
non era preciso caer tan baixo,
e resulta duro vivilo
nin sequera preciso lembralo.


Agora sei, que só es alguén

a quen solía crer e coñecer.


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...