https://www.instagram.com/tamilalilas/

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

jueves, 16 de junio de 2016

Imos ver xuntos onde nace o sol

Tenro beizo dunha rosa
sexo volcánico do mundo
disciplina do desexo.
Xurei días,
coma en tempos.
Loitando encarnizadamente para ser fornicada
ese lume que é amor
esa necesidade de amar
coma un burato que chora na alma
esa droga que nos mata,
e conxelou o meu sangue.

Foi ahí cando a lingua se me pegaba na boca,
non podía falar,
por lamberte.
Palabra obscena, babosa, estridente, risoña
Comecei a balbucear como puiden
tachada de maltratadora
manipuladora, traidora, inestable, cruel, (femi)nazi, agresiva e enferma.
Tentando resposta,
xa non souben conterme.
O teu tambor de guerra xa non soará máis alto que o meu alento!
Nunca fun pura, nin quero.

Botáronlle sal a infancias de limón,
e esqueceron,
sen reparar na miña forma exponencial de experimentar.
Mais calma,
non temamos ao que xa estoupou,
temamos ao que inda non.

Confésoo,
non quero ser a cativa que medrou e tivo que escapar para marchar.
A que nunca máis vivirá viaxar,
pola merda que só ten para retornar.
Non quero non ter casa á que voltar
nin beixo contaxioso que non dar.

Terei o gusto de desangrar a historia en silencio.

Pensa,
algunha vez bailamos agarradiños rumba?
collidos da man ou do revés espidos?
Inda que a suciedade xa o cubra todo,
xa voltou a primavera
e calquera diría que rematou a guerra.

Treme ese sorriso comigo
alza os xemelgos
apreta ese meu cu de sonoro muchacho
que la casa cruja y yo contigo
e dende o pulmón ben cheo
ata estómago oprimido
presume,
que hoxe é festa!
e eu,
estou aquí.
Logo falarán os meus osos na terra,
para dar vida a un incendio
que prendeu coa arte na herba.

Imos ver xuntos onde nace o sol.

lunes, 6 de junio de 2016

Tsunami de pedras
construíndo.

Medrar con cinturón de seguridade
non prevén dos desastres.

Bordar caricias
coa burocracia dos asuntos.

Límites abatidos por sonatas.

Descorcha o champagne
e busquemos a resaca que nos una disfrazados.
Volve ao silencio das revoltosas.

Co sombreiro de bombeiro
eu tecín o sin sentido
do teu cheiro
cósmico e impredecible,
tal cual o do estornudo
que sospeito ao verte
é tremendo
así tócote de arriba abaixo
perdendo o medo.

Tentada
por un enlace inventado
de miradas lascivas,
marcho.

jueves, 2 de junio de 2016

E cando todo torna involución
e sentes o que non sabes inxectar no xemido dos corazóns
e vibras
coa cultura alleia
co palpitar do indescriptible
co efémero
da frauta,
que soaba tanto mentres medrabas.
Ela sempre defendeu a túa ira,
alabou o teu talento
parabenizou eses notables de instituto
e ti,
só berraches
incomprendida
desterrada
adolescente
mentireira
ti nunca soubeches acariciar as mostras de afecto
e escapabas sendo intelixente
desgraciada,
e que ben se che daba
joder
esa falta de atención aos dezaséis,
que bonita forma de reclamar afecto.
Que saturante o feito de non poder loitar
contra esa parte de ti mesma que só busca
buscaba
buscará
eternamente
a aprobación
dun invisibel
que non é máis
que o teu berro interno
que te odia tanto
como ti odiaches
esa lingua
que che fixo forte.

Epa,
quiérete como el pez quiere al agua
quiérete como la luna quiere al miedo
como el sastre a la cosida
que se descose contigo.

Eu, hoxe,
reclamo comuna de abrazos.

e mañá,
comuna de beixos.

Porque non é vital a escrita dun verso
é vital
a escrita dun beixo.



domingo, 29 de mayo de 2016

"Serei o que todos busquen cando xa non poidamos amar”

Nunca soubemos perder os medos
por iso os debuxamos na pel,
Tampouco soubemos estar sós
por iso nos temos a nós mesmas.
Eu sei que a violencia non está xustificada,
e que non hai amigas nin amores eternos,
salvo si é polos teus beizos turquesa.
Todos somos medio lúas,
hai unha metade que non se ve tan bonita.
E ás veces,
inténtannos roubar tanto,
que nos pechamos en nós mesmas
e tiramos ás chaves ao mar do lado inverso.
Somos desorde,
desastre,
caos,
e logo,
somos nós.
Á merda co frío,
eu só quero xente de pés quentes.
Ás veces lemos tanto que deixamos de falar,
outras,
de tanto falar deixamos de ler.

Agora que está escuro,
Quitei a máscara dos domingos,
este é o mellor xeito no que defino arte.
Oxalá caese todo tan fácil 
como cae a pintura da cara que chora
para así asumir o precipicio,
e caer.
“Serei o que todos busquen
cando xa non poidamos amar”
Ao fin e ao cabo é como esnifar acuarela,
afogas,
e co sufrimento, canto maior a espera,

mais nos enamora.


miércoles, 25 de mayo de 2016

Ráfagas

Nunca o souben facer ben
Se cacareaba,
era asimétrico.
Quitando a roupa,
sempre me colgaban as asas das camisas de tiras.
Cando me berraban por sentirme cómoda,
asentía de xeito non verbal,
non sabía nin esculpir metáforas.
Nas serpes do (non) paraíso,
había concubinas maltratadas,
e tampouco souben velo.
Coñecendo a seres,
ao fin e ao cabo,
deixei as agallas de investir en subidóns de ego
por mera autocrítica interna
tan merecedora de chupetóns
coma os malos amantes
os novos amantes,
os simples amantes.
Que pena,
non me tolero triste,
non sei como soportarme na tristeza sen acougo;
e tampouco sei amar
como aman os talentosos nos burdeis
como aman as pombas aos serviles anciáns
como sinten as feridas de morte.
Nunca souben querer correcto,
nunca souben acomodarme en normalidade,
pero a vida,
penso,
que me trata con amor.
Nun falso treito iluminado
con xardíns botánicos de intenpestuosas ráfagas.
Unha ráfaga é de aire de melocotón,
outra de medo carrasposo de piollos,
a terceira non existe na lúa,
entón apenas a coñezo nin descoñezo,
A cuarta simplemente respira cores líquidas,

e eso,
tampouco souben velo.


miércoles, 18 de mayo de 2016

O pasado é pecado
É honorable o xeito de lembralo
Porque se foi
Será desestructurado
e asimilalo,
é gañalo.
Co teu meneo de despedida,
tornou desgracia a miña condena
de nena sen arraigo.
Que duro sempre 
falalo,
tortura de non selo,
criticalo,
plasmalo.
Por temor,
por dor.
Sexa como sinta 
a tinta,
que peque.
Nunca será doado.
É preciso mentirte
mentirnos.
Veño de alá
de un mundo.


Publicación destacada

El pantano que desdibujaba las ideas entre el sueño y la muerte se convirtió en una llanura de ideas solitarias. Había demonios y mazmorras ...